Curso

ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE

Base conceptual, tendencias e ferramentas prácticas para entender a revolución da lonxevidade.

Edición A Coruña

Campus IESIDE
Ronda de Nelle, 31. 15007 – A Coruña.
Mércores 6 e xoves 7 de xuño.
10:00 – 14:00 e 16:00 – 20:00.

Edición Ourense

Sede AFUNDACIÓN
Av. de Pontevedra, 9. 32005 – Ourense.
Mércores 13 e xoves 14 de xuño.
10:00 – 14:00 e 16:00 – 20:00.

Edición Vigo

Sede AFUNDACIÓN
Policarpo Sanz, 26, 2ª planta.
36202 Vigo – Pontevedra.
Mércores 20 e xoves 21 de xuño.
10:00 – 14:00 e 16:00 – 20:00.

Duración: 16 horas presenciais

INSCRICIÓNS

Curso Envellecemento Activo e Saudable

250,00

Limpar
SKU: N/D Categoría:

O teu carro está baleiro.

Volver a a tienda

Impartido por

activiza logo amarillo

Obxectivos

Atopámonos ante un cambio de paradigma, asistimos a un fenómeno poboacional que está a modifcar as estruturas demográfcas europeas, a revolución da lonxevidade.

Todo un triunfo da sociedade do benestar con ampla repercusión social, económica e cultural. Unha revolución silenciosa que demanda cambios importantes na sociedade respecto aos retos que supón vivir máis e vivir mellor, así como un profundo cambio do sector da atención e acompañamento ás persoas maiores.

Esta actividade formativa achéganos unha introdución ao modelo de envellecemento activo e saudable, así como o modelo de atención centrado na persoa desde unha abordaxe teórico-práctica e da man de profesionais expertos no eido da xerontoloxía, a psicoloxía, a intervención terapéutica e o coaching.

¿Qué te levarás do curso?

  • Achegarnos á base teórica do concepto “envellecemento activo”, así como aos retos/oportunidades que nos brinda a denominada revolución da lonxevidade.
  • Entender as diferentes modalidades de intervención neste ámbito e o rol do/da dinamizador/a.
  • Revisar elementos de aplicación do modelo da atención centrada na persoa no eido do envellecemento activo.
  • Coñecer e aplicar ferramentas áxiles e de pensamento creativo para o deseño de actividades de envellecemento activo e saudable.
  • Coñecer de primeira man unha experiencia global no eido do envellecemento activo e saudable na nosa comunidade autónoma: o caso os Espazos +60 de Afundación (Obra Social ABANCA).

Este curso é para ti…

  • Si es profesional do ámbito socio-sanitario e queres desenvolver a túa carreira profesional no eido das persoas maiores e o envellecemento activo.
  • Si es profesional do ámbito socio-sanitario que xa levas a cabo programas de intervención ou actividades no campo do envellecemento activo e queres engadir novas ferramentas ao teu traballo.
  • Si es un/unha profesional que ofrece servizos dirixidos ao público sénior ou queres dirixirte cara este público.
  • Si es estudante e/ou emprendedor/a e buscas orientar o teu desenvolvemento profesional no eido do envellecemento activo e saudable.

CONTIDOS

Módulo 1: A revolución da lonxevidade.

Consideracións sociais sobre a vellez
Modelo de envellecemento activo e saudable:

Definición e determinantes do EA.
Piares do EA nos que englobar as actuacións.
Eixes transversais.
Medición do envellecemento activo.
Instrumentos estratéxicos.

Tipos de actividades

Módulo 2: Deseño de actividades no marco do envellecemento activo.

Actividades por áreas de actuación.
Actividades significativas, integrais e integradoras.

Ferramentas para dinamizar grupos e fomentar a participación

Dinámica participativa Design Thinking con socios/as de Afundación e alumnado: Persoas maiores e o bo trato.

Módulo 3: Modelos de referencia e tendencias.

Modelo de Atención Integral Centrada na Persoa e a súa aplicación no campo do envellecemento Activo

Modelo de Cidades amigables da OMS

Boas prácticas na nosa Comunidade Autónoma

Paradigma do curso de vida e planifcación para envellecer activamente

Dinámica participativa con socios/as de Afundación e alumnado: deseñando o proceso ideal de preparación á xubilación.

Metodoloxía

A nosa metodoloxía é ante todo participativa e experiencial, partindo de formulacións teóricas para posteriormente desenvolver dinámicas e exercicios onde pór en práctica os contidos teóricos, así como adestrar novas habilidades.

Equipo Activiza

María José Fares Varela

Docente en Activiza.
Consultora en Servizos Sociais. Psicóloga, especializada en Xerontología Clínica.

Raquel Leirós Ríos

Docente en Activiza.
Xerontóloga e Directora do Centro de día Saraiva Marín.

Ricardo Fra Otero

Dirección Administrativa.
Consultor e socio fundador de Activiza.

Noelia López Vázquez

Dirección Académica.
Consultora e socia fundadora de Activiza.

Relatores

Sabela Couceiro Núñez / Juanjo Castro Domínguez

Coordinadora e coordinador adxunto da área de Envellecemento Activo de Afundación, Obra Social ABANCA.

Facer unha consulta

Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Not readable? Change text. captcha txt